Aquí vos deixo a presentación sobre o traballo «O ensino das linguas estranxeiras no sistema educativo suízo». Espero que vos agrade tanto coma eu o desfrutei facéndoo, xa que o sistema político deste país provoca que o sistema educativo sexa moi diferente ao noso. Saudiña!
Ola, Tais! Pareceume moi interesante coñecer como funciona o sistema educativo en Suíza, xa que sempre me pareceu un exemplo de convivencia das linguas e do plurilingüismo. Do que máis me chamou a atención foi o «Acordo Harmos», a elección como primeira lingua estranxeira entre o inglés e outras linguas nacionais e, concretamente, que nos cantóns alemáns opten máis pola primeira. Tamén que malia que non teñan unha lei educativa común, isto non é un impedimento para o bo funcionamento do sistema educativo e, por suposto, todo o que comentaches sobre a diversidade lingüística. Encantaríame que en España o estudo doutras linguas nacionais tamén se vise como algo natural, pero penso que a mentalidade e a cultura (alén da política), teñen moito que dicir ao respecto. Parabéns pola presentación, gustoume moito! Saudiña!
ResponderEliminarOla, Joaquín! Moitas grazas polo teu comentario. Penso o mesmo; neste país, ata o de agora, cada "cantón" ten a súa lei educativa e isto débese a súa diversidade lingüística e cultural, e si, conviven nun mesmo territorio compartindo diferentes linguas e culturas. Aperta!
ResponderEliminar