Presentación en 3, 2, 1...

La Ville Lumière

Bienvenu.es à La Ville Lumière !

Nesta publicación gustaríame facer unha presentación introdutoria sobre esta cidade. Aínda que dun xeito máis ameno: contando a miña experiencia vivindo na capital francesa. 


Paris



Preséntovos a capital de Francia: 2, 161 millóns de habitantes + eu durante o 2022 😜. Nin máis nin menos; segundo o que eu escoitaba, París é a segunda cidade do mundo, despois de Nova York, con maior afluencia. E eu confírmoo! Incroyable !


Paris et ses endroits









Este é o meu barrio favorito (à côté de Notre Dame). Por un motivo moi sinxelo: onde máis sociabilizaba. Alí era o punto de encontro coas amigas, cos compañeiros e compañeiras, e onde se atopa unha zona moi coñecida...O Barrio Latino. O Quartier Latin é coñecido polo barrio dos/as estudantes, xa que París foi a primeira cidade do mundo onde naceu a universidade pública. E como ben indica o seu nome, a lingua «universal» era o latín. Polo tanto, recomendo moito visitar esta parte da vila. 


Les gens de Paris









As persoas que viven nesta fermosa urbe son...un tanto especiais! Podes ir pola rúa cun disfraz que niguén che dirá nada...Que non vos pareza mal! É polo simple feito de que a cidade é tan grande e a xente vai a un ritmo tan acelerado que o máis importante en París é sobrevivir ao día ao que nos estamos a enfrentar 😅. Confésovos que ao fin...acabamos sendo todos e todas iguais. O que criticaba ao principio, acabeino por facer ao cabo dun tempo! Bizarre !



Comentarios