Durante
a primeira unidade desta materia, Situacións e variables de ensino das
linguas estranxeiras, reflexionamos sobre o proceso de ensino-aprendizaxe
nas aulas de linguas estranxeiras. Coñecemos novos conceptos, como pode ser «o
repertorio lingüístico», «o diagrama de Venn» ou «o placemat».
Na
primeira sesión traballos os diagramas de Venn, chamados tamén overlapping
circles. Esta representación gráfica ilustra a relación que manteñen dúas ideas.
No noso caso, formamos grupos de traballo para analizar as características diferentes
e as comúns que xorden no proceso de adquisición dunha lingua materna e dunha
lingua estranxeira. Deste xeito, debuxamos dous círculos onde, no parte do medio,
ambos círculos se unían para así formar unha parte en común. Polo tanto, dun
lado estaban representadas as características en canto á lingua estranxeira, do
outro lado, as características en relación coa lingua materna e, finalmente, na
parte do medio, estaban ilustradas as características en común. Na seguinte
imaxe poderase observar perfectamente esta representación gráfica:
Dende
o meu punto de vista, esta actividade foi moi interesante para aplicala nas nosas
aulas e, ademais, o seu obxectivo tamén no serviu para reflexionar sobre o
proceso de adquisición dunha lingua estranxeira e materna. Ademais, esta
actividade puxémola en común entre todos os grupos da clase e, desta maneira, puidemos
debater sobre esta cuestión. Sen dúbida, de ser o caso, gustaríame empregar este
exercicio para mostrar visualmente as diferenzas e partes en común de dous conceptos
diferentes tratados na aula.
Na
segunda sesión traballamos a través dun placemat. Este exercicio
trátase dunha actividade cooperativa co fin de chegar a un consenso no propio
grupo de traballo. Para isto, cada persoa debe escribir nunha parte deste
póster unha lista coas súas diferentes opinións en canto ao tema e preguntas
establecidas. Por último, analizarase a valoración de cada persoa e, no medio
desta ilustración, deberá escribirse o consenso que se acadou en cada enumeración.
Nós tivemos que responder a preguntas establecidas polo docente e que tiñan
relación co uso das linguas da Unión Europea. Por exemplo: que linguas cres que
se falan na Comisión Europea? Deste xeito, cada persoa debía contestar a cada
unha das preguntas e, logo, poñelas todas en común con todas as persoas do grupo
co fin de chegar a un mesmo obxectivo.
Aquí está o noso resultado! Como ben podedes observar, contestamos a varias preguntas sobre este tema. Realmente respondemos o que nos pensabamos; porén, algunha das respostas non eran correctas. Deste xeito, comentamos cada unha delas entre todos e todas e así facer a actividade máis amena e, sobre todo, conseguir un fin de aprendizaxe en canto ao noso eido: as linguas. Polo tanto, si que empregaría este método na aula. Pode ser unha boa opción para fomentar o traballo cooperativo.
Na
segunda parte da sesión traballamos o concepto de repertorio lingüístico.
É dicir, este significante fai referencia ao coñecemento de linguas por parte
dunha persoa ou dunha comunidade. Para crear o repertorio lingüístico de toda a
clase (comunidade lingüística) realizamos esta actividade de maneira «piramidal».
En primeiro lugar, realizamos o noso repertorio lingüístico de maneira
individual; indicando o noso coñecemento de linguas en concreto e o nivel.
Neste gráfico debiamos escribir as nosas linguas coñecedoras e clasificalas en:
coñecemento activo ou pasivo e nivel básico, intermedio ou avanzado. En segundo
lugar, dividímonos en grupos para poñelas en común e elixir unicamente as
linguas que compartiamos. E, en terceiro lugar, realizamos unha posta en común
entre toda a clase, indicando cales son as linguas que representan a comunidade
lingüística da aula. Tras esta reflexión, sacamos datos curiosos como poden ser
as diferentes variedades dialectais en Galiza ou incluso a diversidade lingüística
e cultural coa que contamos entre as persoas que andamos a cursar este
mestrado. Marabillosa!
Finalmente,
como xa fixen nalgunha entrada, debo destacar a implicación do docente en canto
á súa metodoloxía; sempre tratou de ensinarnos diferentes técnicas ou
actividades e, ao mesmo tempo, tras a súa realización, tamén nos serviron para
reflexionar moito en canto ao noso eido: as linguas estranxeiras.
Boas, Tais!
ResponderEliminarEn primeiro lugar gustaríame comentar algunha das cousas nas que fixeches fincapé na túa entrada. Algo que tamén comentei eu na miña entrada deste tema é o tema do repertorio lingüístico: pareceume unha boa actividade para poñer en común os nosos repertorios lingüísticos. Tal e como dis, sacamos conclusións bastante curiosas das diferentes variantes da lingua galega, xa que por exemplo eu indiquei que empregaba a variante da lingua galega do bloque central norte, pero as miñas compañeiras indicaron a súa variante e démonos conta de que cada unha de nós pertencía a unha zona diferente e foi curioso, deunos para falar sobre o tema.
Tal e como dis a modo de conclusión, gustoume moito a metodoloxía que empregamos con Gonzalo para estas materias xa que non só as fixemos por facer, senón que fomos conscientes do proceso e dos resultados destas.